Page 222 - Revista4
P. 222
ÍNDICE PDF
A música nos movementos políticos
e sociais contemporáneos en Galiza.
Unha visión persoal.
Carlos Da Aira (Músico tradicional, poeta e xestor cultural)
scribo estas liñas entre dúas citas culturais moi
Ediferentes nas que participei como músico. A
primeira delas foi a celebración do FIB (Festival Intercultural
do Barbaña) en Ourense; a segunda, a inauguración do
1
Monumento ás Vítimas do Fascismo no Val da Limia, entre
Nigueiroá e Xordos (Bande).
2
No caso da primeira trátase dun festival musical satírico
aberto a calquera persoa ou grupo de persoas onde se
modifica —coa maior dose posible de creatividade, ironía
e sátira— a letra de cancións coñecidas co obxectivo de
denunciar ou criticar aspectos ou persoas do círculo político,
cultural, relixioso, etc. de Ourense ou dun ámbito máis xeral
1 Este festival non ten web nin páxina ou perfil de rede social directamente
asociada e con contido actualizado. A Federación de colectivos que
engloba moitas das asociacións nas que militan as persoas organizadoras
e a maioría de participantes é ESCUA.
2 http://memoriahistoricavaldolimia.terradixital.net
222 223
Revist a de alces XXI Número 4 , 2019-2020